Durante 21 semanas aprenderás, da man de profesionais en activo do mundo do ecommerce, como lanzar, xestionar e rendibilizar o teu negocio en liña.
XERME é a III Edición do Programa de Formación para o Emprendemento no Ecommerce impulsado pola Xunta de Galicia a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Clúster do Ecommerce Galego, que nace en 2024 para desenvolver por vez primeira unha aceleradora de proxectos de ecommerce.
Trátase dun programa de formación e mentorización no proceso de deseño, desenvolvemento e posta en marcha en Galicia de iniciativas empresariais de comercio electrónico (ecommerce), así como proxectos de base tecnolóxica e servizos relacionados cos anteriores, que contribúan ao desenvolvemento do mesmo.
Empezamos dende o máis básico para que te sintas cómodo e seguro, explorando os fundamentos de como poñer en marcha un negocio e adaptalo ao mundo dixital. Non necesitas experiencia previa, só moitas ganas de aprender!
Se xa tes un negocio e queres dar o salto ao ecommerce, este programa é para ti. Axudarémosche a entender o proceso, con apoio constante e titorías personalizadas, para que a transición sexa suave e exitosa.
Compartiremos contigo os segredos mellor gardados para facer crecer o teu negocio e consolidar a túa marca, especialmente no ámbito da comunicación. Con consellos prácticos e aplicables, estarás listo para levar o teu negocio ao seguinte nivel.
O prazo de inscrición para a edición 2026 xa rematou. Agardámoste na seguinte!
Son un emprendedor cunha empresa nova ou xa en funcionamento, e busco lanzar o meu proxecto de ecommerce.
8 Emprendedores
Teño un proxecto de ecommerce en marcha e quero impulsalo para acadar máis crecemento e visibilidade.
8 Emprendedores
De todos os proxectos inscritos, seleccionaranse 24 para participar no Programa
Preselección de 24 proxectos que participarán nun Obradoiro de Ideas empresariais, onde desenvolverán a súa proposta de modelo de negocio.
Abril 2026
Selección de 8 proxectos de emprendedores (Iniciación) e 8 proxectos de empresas existentes (Avanzado) co obxectivo de impulsalos no desenvolvemento do seu negocio dixital.
Abril – Agosto 2026
Formacións grupais e individuais para guiar aos emprendedores na presentación dos seus proxectos.
Setembro 2026
Estratexias personalizadas de marketing dixital
Plan financieiro para o teu Ecommerce
Formación en ferramentas e tecnoloxías esenciais
Más de 10 plantillas descargables
Acceso a una comunidad «experta»
Data: 20-21 e 23-24 de abril
Nesta fase, os 24 proxectos seleccionados participarán nun Obradoiro de Ideas Empresariais co obxectivo de desenvolver o Modelo de Negocio Intencional e a súa estrutura organizativa.
Obradoiro de ideas (10 horas): Os emprendedores, asistidos por consultores especializados, reflexionarán sobre os elementos clave da súa idea empresarial e desenvolverán a estrutura do seu modelo de negocio: proposta de valor, relacións con clientes, canles, cadea de valor, aspectos clave e estrutura financieira.
Os obradoiros de ideas desenvolveranse en tres grupos de 8 participantes.
Socio director en Iuni Strategic Marketers
Consultora senior en Iuni Strategic Marketers
Consultor en Iuni Strategic Marketers
Director do Programa XERME
Apoio titorizado mediante 7 módulos formativos para que cada proxecto consiga alcanzar a súa propia idea de negocio a desenvolver.
Formadora: Beatriz Pereira
🗓️ Data: 5 de maio
Descrición detallada dos nosos clientes definindo ao cliente tipo e os diferentes segmentos en canto a:
· Características xeográficas
· Características demográficas: idade, sexo, ocupación, estudos…
· Características psicográficas: clase social, estilo de vida, intereses, personalidade, actitudes, preferencias…
· Ademais, dimensionarase o mercado estimando o número potencial de clientes.
Descrición detallada dos competidores directos usando a metodoloxía de Grupos Estratéxicos de Competidores e analizando os seus Factores Crave de Éxito, o que nos axudará a situarnos na contorna competitiva real.
Analizarase a competencia en canto a factores cuantitativos (prezos, cotas de mercado) e cualitativos (posicionamento no mercado)
Formador: Xosé Luis Reza
Data: 18 de maio
· O cliente como razón de ser da empresa
· Concepto de Marketing
· O Plan de Marketing
· Marketing estratéxico
· Posicionamento. Valores
· Vantaxe competitiva.
· Segmentación do mercado.
· Definición de obxectivos.
· Marketing operativo
· Co-marketing: unha ferramenta especialmente útil para emprendedores.
· Marketing relacional: o cliente coma centro dunha relación duradeira.
Formador: Judit Cabana
Data: 2 de xuño
Formadora: Beatriz Ventosinos
Data: 16 de xuño
Identificar e utilizar as plataformas de redes sociais máis adecuadas para o ecommerce, creando contido relevante e atractivo que fomente a interacción, o compromiso e a lealdade dos seguidores.
Utilizar Whatsapp como unha ferramenta de comunicación directa e persoal cos clientes, proporcionando soporte ao cliente, enviando actualizacións e promocións, e creando grupos de interese para mellorar a relación e fidelización dos clientes.
Formador: Iván Omar
Data: 30 de xuño
Aprenderás a optimizar o teu sitio web con técnicas on-page e off-page para mellorar a súa visibilidade nos motores de procura e atraer tráfico orgánico de calidade.
Crearemos e aprenderás como xestionar campañas publicitarias pagas en motores de procura, utilizando estratexias de poxa e segmentación para alcanzar a túa audiencia obxectivo e medir o ROI.
Aprenderás a configurar e executar campañas de máximos rendemento efectivas en Google Ads, dende a investigación de palabras chave ata a creación e optimización de anuncios, para atraer tráfico segmentado e que convirta desde Google shopping.
Xestionar todas as túas actividades de márketing en Facebook e Instagram dende unha soa plataforma, incluíndo a creación de contido, campañas publicitarias e análises de rendemento para maximizar o teu alcance e compromiso.
Formador: Alberto Cochón
Data: 7 de xullo
Acercamento a aspectos fundamentais de Google Analytics, para poder rendabilizar a nosa tenda.
Comprenderás como orientar as campañas e presupostos, segmentando os potenciais clientes segundo o contacto que teñen coa nosa tenda online. Desta forma poderás rentabilizar as campañas e optimizar os costes.
Mellorar a conversión de ventas, relación entre visitas e compras, é un aspecto clave para rentabilizar o noso proxecto. Acercarémonos a puntos clave que impactan neste indicador.
Formador: Javier Corrochano
Data: 28 de xullo – 1 de setembro
Neste taller repasaremos os puntos crave da proxección financeira para un ecommerce, co obxectivo de realizar un Plan Económico Financeiro detallado que nos sirva de guía para entender todos as variables económicas que afectan ó resultado dunha empresa de comercio electrónico. Este Plan serviranos de guía para o posterior control de xestión do proxecto unha vez posto en marcha. Analizaremos os seguintes aspectos da empresa proxecto:
· Proxección de Vendas e Ingresos
· Analítica de Custos
· Investimento Inicial
· Amortizacións contables
· Financiamentos e amortizacións financeiras
· Persoal
· Conta de Resultados
· Proxección de Tesourería
· Balances
Data: Setembro 2026
Nesta fase realizaremos a formación de forma grupal e individual para guiar aos emprendedores de cara á presentación dos seus proxectos en público.
· Sesións docentes (4 horas): Serán presenciais, co obxectivo de familiarizar aos emprendedores en técnicas de presentación en público e a coñecer a estrutura básica que debe conter a presentación dos seus proxectos.
· Titorías individuais especializadas (48 horas, 3 por proxecto): Os mentores axudarán aos emprendedores no enfoque da súa presentación e a estructurar as mensaxes clave que queren transmitir.
· Sesión de ensaio: Durante a sesión de ensaio os mentores avaliarán as presentacións e farán recomendacións de cambios de cara a optimizalas para o DemoDay.
· Xornada de presentación pública (DemoDay): Ó final desta fase, os emprendedores presentarán e defenderán, públicamente, os seus proxectos ante potenciais investidores, clientes, entidades financeiras e outras organizacións públicas de promoción e apoio económico.
Director do Programa XERME
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento destas tecnoloxías permitiranos procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas características e funcións.