Aviso Legal

Consonte ó previsto na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico e normativa concordante, poñemos a disposición das persoas usuarias deste sitio web información sobre a súa titularidade, así como das condicións que regulan o acceso, navegación e uso de cada unha das páxinas accesibles baixo o dominio https://xerme.org (o “Sitio Web”).

Co fin de garantir o acceso a esta nota legal e á demais información requirida pola normativa de aplicación, incluída a “Política de Privacidade” e a “Política de Cookies”, ditas mencións póñense a disposición da persoa usuaria do Sitio Web (a “Persoa Usuaria”) dende tódalas súas páxinas.

Información sobre a titularidade do Sitio Web

O Sitio Web xerme.org corresponde ó programa XERME e é titularidade do CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO, entidade provista de N.I.F. G-10774727, con sede en Lg. Os Campos, 19, C.P. 36164, Pontevedra (Pontevedra).

A través deste Sitio Web ofrécese información sobre o programa XERME, as súas actividades, contidos, convocatorias, inscricións e demais información relacionada co emprendemento e a formación no ámbito do ecommerce.

Contacto

A Persoa Usuaria poderá comunicarse co CLÚSTER por e-mail dirixido á dirección de correo electrónico administracion@clusterecommercegalego.gal ou empregando os formularios habilitados no propio Sitio Web.

Cando a Persoa Usuaria facilite datos persoais a través dos formularios dispoñibles no Sitio Web, deberá aceptar previamente a correspondente Política de Privacidade, onde atopará información detallada sobre o tratamento dos seus datos persoais. No caso de que existan campos ou casas de aceptación obrigatoria, a falta de cobertura ou aceptación poderá impedir o envío da solicitude ou formulario correspondente.

Propiedade intelectual e industrial

A propiedade intelectual e industrial dos contidos que integran o Sitio Web, incluíndo, a título exemplificativo e non limitativo, os textos, imaxes, deseños, código fonte, estrutura de navegación, logotipos, signos distintivos, vídeos, documentos, materiais descargables e demais elementos que o compoñen, pertence ó CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO ou, no seu caso, a terceiros respecto dos que se dispoña das correspondentes autorizacións, licenzas ou dereitos de uso.

En consecuencia, queda prohibida calquera forma de explotación, reprodución, distribución, comunicación pública, posta a disposición, transformación ou utilización, total ou parcial, dos contidos do Sitio Web sen autorización previa, expresa e por escrito da súa titularidade lexítima, agás nos supostos legalmente permitidos ou cando se trate dun uso estritamente persoal e privado.

O incumprimento destas previsións poderá dar lugar ao exercicio das accións legais ou reclamacións que correspondan conforme á lexislación vixente.

Condicións de uso do Sitio Web

O acceso e uso do Sitio Web atribúe a condición de Persoa Usuaria e implica a aceptación das presentes condicións de uso.

A Persoa Usuaria comprométese a utilizar o Sitio Web, os seus contidos e servizos de conformidade coa lexislación vixente, a boa fe, a orde pública e as presentes condicións, absténdose de realizar actuacións que poidan danar, inutilizar, sobrecargar ou deteriorar o Sitio Web, ou impedir o seu normal funcionamento ou o acceso por parte doutras persoas usuarias.

Actualización de contidos

O CLÚSTER resérvase a facultade de actualizar, modificar, corrixir ou eliminar os contidos do Sitio Web, así como introducir as melloras que estime convenientes, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso.

En particular, o CLÚSTER poderá modificar en calquera momento o presente Aviso Legal, a Política de Privacidade e a Política de Cookies. Por elo, recoméndase á Persoa Usuaria a súa revisión periódica cada vez que acceda ao Sitio Web ou, cando menos, con certa regularidade se accede de forma habitual.

Exención de responsabilidade e ligazóns de terceiros

O CLÚSTER non garante a ausencia de erros ou interrupcións no acceso ó Sitio Web, nin que os seus contidos estean permanentemente actualizados, se ben adoptará, tan pronto como teña coñecemento de incidencias, as medidas que resulten razoables para a súa corrección, salvo que existan causas alleas ou circunstancias que o impidan ou dificulten.

No caso de que o Sitio Web poida incluír ligazóns, accesos ou redireccións a páxinas web, plataformas ou servizos de terceiros, esta circunstancia non implicará a existencia de relación, colaboración, recomendación, aprobación ou dependencia algunha entre o CLÚSTER e os titulares deses sitios ou servizos alleos.

En consecuencia, o CLÚSTER non se responsabiliza dos contidos, informacións, condicións de uso, políticas de privacidade ou funcionamento dos sitios web de terceiros, nin garante a ausencia de virus ou outros elementos nocivos nos mesmos, quedando exento de responsabilidade polos danos ou prexuízos que puidesen derivarse do acceso, navegación ou uso de ditos sitios externos.

Así mesmo, o CLÚSTER tampouco será responsable dos danos que poida sufrir o sistema informático da Persoa Usuaria, nin dos documentos ou ficheiros almacenados no mesmo, como consecuencia de virus, malware, erros de seguridade, incidencias técnicas, interferencias, avarías telefónicas, desconexións, deficiencias do navegador ou calquera outra circunstancia allea ó control do CLÚSTER.

Intervención das persoas usuarias e redes sociais

Na medida en que a Persoa Usuaria empregue perfís, canles ou espazos vinculados a XERME ou ó CLÚSTER en redes sociais ou outros medios dixitais para compartir comentarios ou contidos, comprométese a facelo de forma respectuosa e conforme á legalidade vixente.

O CLÚSTER resérvase o dereito a solicitar a eliminación, bloquear ou denunciar aqueles contidos ou comentarios que poidan resultar ilícitos, ofensivos, difamatorios, discriminatorios, contrarios á boa fe ou que vulneren dereitos de terceiros, as normas de uso da correspondente rede social ou o presente Aviso Legal, sen necesidade de previa comunicación á Persoa Usuaria.

Lexislación aplicable e xurisdición

O presente Aviso Legal rexerase e interpretarase de conformidade coa lexislación española.

Para a resolución de cantas controversias ou conflitos puidesen derivarse do acceso ou uso do Sitio Web, as partes someteranse aos xulgados e tribunais que resulten competentes conforme á normativa de aplicación.