Política de Privacidade
En cumprimento do disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, e en particular no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016 (“RGPD”), e na Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais (“LOPDGDD”), infórmase ás persoas usuarias do sitio web https://xerme.org (o “Sitio Web”) sobre o tratamento dos seus datos persoais.
Esta política de privacidade aplica aos datos persoais recollidos a través do Sitio Web no marco do programa XERME.
1. Responsable do tratamento
O responsable do tratamento dos datos persoais recollidos a través deste Sitio Web é o CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO, con N.I.F. G-10774727 e domicilio en Lg. Os Campos, 19, C.P. 36164, Pontevedra (Pontevedra).
Para calquera cuestión relacionada co tratamento dos teus datos persoais, podes contactar a través do enderezo electrónico administracion@clusterecommercegalego.gal.
2. Finalidade do tratamento
Os datos persoais que a persoa usuaria facilite a través dos formularios habilitados no Sitio Web serán tratados coas seguintes finalidades:
· Xestionar a inscrición, solicitude de participación ou candidatura da persoa interesada no programa XERME.
· Avaliar a adecuación do perfil da persoa solicitante ao programa, incluíndo a análise da información achegada sobre formación, experiencia, proxecto, negocio ou iniciativa emprendedora.
· Contactar coa persoa usuaria para darlle resposta á súa solicitude, remitirlle información relacionada co proceso de selección, participación, desenvolvemento do programa ou cuestións organizativas vinculadas a XERME.
· Atender consultas, dúbidas ou solicitudes remitidas a través dos medios de contacto dispoñibles no Sitio Web.
· Enviar información sobre futuras edicións, actividades, programas, eventos ou iniciativas relacionadas co emprendemento, a formación ou o ecommerce, unicamente no caso de que a persoa usuaria o autorice expresamente mediante a correspondente casa de verificación.
3. Categorías de datos tratados
No marco das finalidades anteriormente indicadas, poderán tratarse datos identificativos e de contacto, así como información académica, profesional, relativa ao proxecto ou iniciativa empresarial da persoa usuaria e calquera outra que esta facilite voluntariamente a través dos formularios do Sitio Web.
A persoa usuaria garante que os datos facilitados son verdadeiros, exactos e actualizados, e comprométese a comunicar calquera modificación dos mesmos.
4. Base xurídica do tratamento
A base xurídica para o tratamento dos datos persoais é o consentimento da persoa interesada, manifestado mediante o envío voluntario dos formularios habilitados no Sitio Web e, no seu caso, mediante a aceptación expresa das casas correspondentes.
No caso do envío de comunicacións informativas sobre futuras actividades, programas ou eventos, a base xurídica será igualmente o consentimento expreso da persoa usuaria, prestado de maneira diferenciada para esa finalidade específica.
5. Destinatarios dos datos
Con carácter xeral, non se comunicarán os datos persoais a terceiros.
Sen prexuízo do anterior, os datos poderán ser comunicados cando resulte necesario para o cumprimento dunha obriga legal, ou cando sexa preciso contar con provedores de servizos que actúen por conta do responsable do tratamento no marco da prestación de servizos técnicos, tecnolóxicos, organizativos ou administrativos vinculados ao Sitio Web e á xestión do programa, baixo os correspondentes contratos e garantías en materia de protección de datos.
6. Prazo de conservación dos datos
Os datos persoais conservaranse durante o tempo necesario para atender a solicitude da persoa usuaria, xestionar a súa participación no programa XERME e cumprir coas obrigas legais que resulten de aplicación.
No caso dos datos tratados para o envío de comunicacións informativas futuras, estes conservaranse mentres a persoa interesada non retire o seu consentimento.
Unha vez rematados os prazos anteriores, os datos poderán permanecer debidamente bloqueados durante o tempo necesario para a atención de posibles responsabilidades legais.
7. Dereitos das persoas interesadas
A persoa interesada poderá exercer, en calquera momento, os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, así como retirar o consentimento prestado, sen que isto afecte á licitude do tratamento previo á súa retirada.
Para exercer estes dereitos, poderá dirixirse por escrito ao CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO a través do correo electrónico administracion@clusterecommercegalego.gal, indicando no asunto “Protección de Datos – XERME”, e achegando, cando sexa preciso, copia dun documento acreditativo da súa identidade.
Así mesmo, se considera que o tratamento dos seus datos non se axusta á normativa vixente, poderá presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD).
8. Carácter obrigatorio ou facultativo dos datos
Os campos sinalados como obrigatorios nos formularios do Sitio Web deberán ser cubertos necesariamente para poder tramitar a solicitude ou xestionar a participación da persoa usuaria no programa.
A falta de cobertura dos datos obrigatorios poderá impedir o envío do formulario ou a correcta atención da solicitude.
Pola contra, os datos relativos ao interese en recibir información futura sobre outras actividades, programas ou eventos terán carácter voluntario e requirirán, no seu caso, a correspondente aceptación expresa.
9. Seguridade dos datos
O responsable do tratamento comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas adecuadas para garantir un nivel de seguridade axeitado ao risco, e evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado aos datos persoais facilitados a través do Sitio Web.
10. Cambios na política de privacidade
O CLÚSTER DO ECOMMERCE GALEGO resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade para adaptala a novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de funcionamento do Sitio Web.
En caso de introducir cambios relevantes, estes serán comunicados ás persoas usuarias a través do propio Sitio Web.